Admin

XOGO DE ROL

NESTA CLASE DEIXAMOS UN POUCO  APARTADO O NOSO TRABALLO CO POETA PARA ASISTIR A UN TEMA MOI IMPORTANTE. OS NENOS DE 1º DE BAC A ESTIVERON, POR GRUPOS, (O ALCALDE E A COMITIVA MUNICIPAL, OS ECOLOXISTAS,OS EMPRESARIOS ,OS REPRESENTANTES DO POBO E OS CIENTÍFICOS ) DEBATINDO SE SE DEBEN POÑER CEMITERIOS NUCLEARES OU NON. O ALCALDE MAIS OS EMPRESARIOS E OS CIENTIFICOS ESTABAN A FAVOR DE POÑELOS PERO OS REPRESENTANTES DO POBO E OS ECOLOXISTAS ESTABAN EN CONTRA.O ALCALDE ACABOU POR DICIR QUE NON SE POÑERÍAN CEMITERIOS NUCLEARES PERO HABÍA QUE BUSCAR UNHA SOLUCIÓN PARA A FALTA DE ENERXÍA E OS BENEFICIOS ECONÓMICOS PARA A VILA.

30/04/2010 18:30 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS NOSOS HAIKUS DO POETA DÍAZ CASTRO

20100427125331-mini2.jpg

O s haikus son pequenas composicións poéticas de orixe xaponés. Son tres versos moi simples, sinxelos, que encerran unha norma clave: deben ter 17 sílabas distribuidas en tres versos (5, 7 e 5). A súa orixe é o haikai chinés, mais longo, aínda que de igual composición estrófica.

Nun principio eran de orixe cómica, mas, cando evolucionou o fixo cara o espiritual, a natureza, a vida cotiá...

A proposta de actividade nas últimas sesións foi a de elaborar haikus con unha peculiaridade, un dos tres versos tiña que ser "copiado" do Poeta Díaz Castro, tomando, como referencia, "Nimbos". Fixemos, primeiro, unha escolma de versos de 5 e 7 sílabas. Logo, cada alumno, partindo desa escolma escollía 4 versos, para facer 4 haikus diferentes, inventando / creando, os dous versos que faltaban. Unha vez feitos, cada alumno escollía un para participar no "Mural dos Haikus", que deu lugar, despois, a un concurso de Haikus.

A resposta do alumnado foi boísima: temos diferentes haikus en galego con palabras do propio Poeta... Trátase dunha reconstrución da súa obra polo noso alumnado.

Na imaxe podedes ver aos alumnos de 1º ESO A  mentres facían os haikus

27/04/2010 12:53 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SESIÓN NÚMERO 8

NESTA SESIÓN OS NENOS DE 1º DA ESO A ESTIVERON ACTUALIZANDO A LIÑA DO TEMPO , CLASIFICANDO DOCUMENTOS E ESCANEÁNDOOS POR GRUPOS.

O TRABALLO DESENVOLVEUSE NA AULA ONDE SE GARDAN TODOS OS MATERIAIS DO POETA QUE NOS CEDEU A ASOCIACIÓN XERMOLOS, PARA O SEU ESTUDO.

 

16/04/2010 14:37 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A LIÑA DO TEMPO DO POETA

20100412125456-dscn4390.jpg

Durante estes días estivemos a crear, con todos os datos recollidos, a liña do tempo do poeta Díaz Castro. Aínda é un borrador, pero xa forma parte dos nosos resultados para este traballo.

Podes ver aquí unha imaxe do borrador deste traballo.

12/04/2010 12:54 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SESIÓN NÚMERO 7

20100427125444-mini.jpg

NESTA SESIÓN OS NENOS DE PRIMEIRO DE ESO B Y A ESTÁN NA BIBLIOTECA, NA QUE ALFONSO BLANCO NOS ESTÁ APORTANDO MOITOS DATOS INTERESANTES COMO:

 . CASOU EN MADRID, A SÚA MULLER CHAMÁBASE MARIA TERESA.

 . NA REVISTA "MENCER" PUBLICARON UN POEMA NOVO SOBRE A TERRA CHÁ (CASE TODOS OS    DEMAIS XA ERAN ANTIGOS ).

 .  ESCRIBIU UN LIBRO EN CASTELÁN CHAMADO  "SOMBRAS RADIANTES" AÍNDA QUE NON LLE GUSTABA ESCRIBIR EN ESPAÑOL SINO EN GALEGO.

 . PUBLICOU O LIBRO "NIMBOS" E DEIXOU 3 LBROS INÉDITOS.

 . NO QUE ÁS TRADUCIÓNS SE REFIRE, TRADUCÍU SOBRE TODO PREMIOS NOBEL SUECOS , FRANCESES...

 .  APARTE DO POEMA  "PENÉLOPE", ADICADO A GALICIA, ESCRIBIU OUTROS POEMAS REFERIDOS A COUSAS QUE A SIMPLE VISTA NON PARECEN IMPORTANTES COMO A HERBA. UN DOS SEUS POEMAS SOBRE A HERBA ACABA DICINDO QUE "O MUNDO SERÍA MAIS PEQUENO SEN TI" E, SE NOS PARAMOS DETIDAMENTE, DECATÁMONOS DE QUE É VERDADE .

CANDO ALFONSO BLANCO ACABOU DE CONTARNOS A VIDA DO POETA EMPEZARON A TURNARSE PARA LER ALGÚNS DOS POEMAS QUE ESCRIBIU O POETA .

12/04/2010 12:52 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SESION NÚMERO 6

20100313081700-dibujo.jpg

NESTA SESIÓN OS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMEIRO DA ESO A SEGUEN POR GRUPOS  COS SEUS TRABALLOS, GRAZAS A ELES TEMOS INFORMACIÓN COMO:

. O POEMA "PENÉLOPE" FOI CITADO NO PARLAMENTO DE GALICIA

. UNHA DAS ÚLTIMAS VISITAS AO POETA DÍAZ CASTRO FOI CLAUDIO, QUE NOS VISITARÁ EN BREVE PARA FACERNOS UNHA APROXIMACIÓN Á VIDA DO AUTOR, E A SÚA MULLER .

 E NA LINEA DO TEMPO, GRAZAS A ESTA CLASE, AGORA TEMOS INFORMACIÓN COMO:

.FOI MESTRE EN MADRID, 1948

.CASOU EN 1954

(ESTA INFORMACION VALEUNOS PARA A CHARLA QUE TIVEMOS CON CLAUDIO RODRÍGUEZ FER. Podes ver a noticia no Blogue da Biblioteca)

12/03/2010 13:57 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SESION NUMERO 4

NESTA SESIÓN OS NENOS DE PRIMEIRO DA ESO A ESTÁN POR GRUPOS BUSCANDO INFORMACIÓN SOBRE O POETA , ORDENÁNDOA NUNHA LIÑA DO TEMPO , COMO TAMÉN ESTÁN ORDENANDO E CLASIFICANDO MANUSCRITOS E CARTAS QUE ENVIOU OU RECIBIU O POETA. ESES DOCUMENTOS FORON CEDIDOS GRAZAS  A  ALFONSO BLANCO E A ASOCIACIÓN CULTURAL XERMOLOS

05/03/2010 13:57 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema Hay 1 comentario.

Sesión número 3

 A vida do Poeta Díaz Castro               1/3/10

Deixou o Seminario para á mili e o seu pai  enfadouse con el.

Foi a Vilagarcía para dar clases de inglés, alí chegou a facer poesía e aprender idiomas.

Escribiu un poema cando estaba na guerra que se llamaba "No combate".

Era un gran aficionado ao cine.

Presentouse a dous certames, un en galego e outro en castelán e gañou os dous en Betanzos. (Sabedes o máis curioso: por gañar o de castelán tiña un gran premio, por gañar o de galego só unha flor... que vos parece?)

Os xornais de Galicia, ao día seguinte, publicaron unha foto e un artigo seu.

Traballou en Madrid como traductor, onde viviu algún tempo.

Fixeron en Lugo un gran matadeiro e el tiña traducir os informes técnicos.

Deixou de escribir poemas.

Cando se casou tivo tres fillos.

Fixo un poema ("Penélope"). Aínda que non era o que máis lle gustaba foi o que acadou máis fama.

Había una revista, llamada "Alba", que publicaba os seus poemas.

02/03/2010 11:59 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Traballando cos manuscritos do Poeta

Desde o Nadal, o alumnado de Primeiro de ESO está a escanear os documentos prestados por Alfonso Blanco e a asociación cultural Xermolos. Esta documentación inclúe fotos, manuscritos, borradores, notas de prensa da época e ata correspondencia pertencente ao Poeta e a súa familia.

02/03/2010 11:31 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Sesión número 2

                                               COUSAS DO POETA DÍAZ CASTRO

-Onte, luns 22 de febreiro do 2010, Alfonso falounos do Poeta Díaz Castro. Contounos cousas de cando estaba estudando no Seminario, xa de mozo, así como da súa intervención na Guerra Civil do 36.

-Descubrimos cousas como

  • O Poeta publicou un libro, Nimbos, pero escribiu outros que dixo que perdera. Nós sabemos que logo apareceron na súa mesa de noite.
  • Mentres estudaba no seminario, dedicoulles un libro aos compañeiros.
  • Alí aprendeu moitas linguas para ser traductor e dedicarse a iso profesionalmente.
  • Na Guerra Civil foi como sanitario facer a mili.
  • O que o inspiraba era a natureza

Na próxima semana, seguiremos a falar da vida do noso Poeta.

Na foto podedes vernos actualizando o blogue. Mirade aquí máis imaxes do día.

23/02/2010 12:04 poetadiazcastro Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras

Contrato Coloriuris