Blogia
PoetaDiazCastro

Sesión número 2

                                               COUSAS DO POETA DÍAZ CASTRO

-Onte, luns 22 de febreiro do 2010, Alfonso falounos do Poeta Díaz Castro. Contounos cousas de cando estaba estudando no Seminario, xa de mozo, así como da súa intervención na Guerra Civil do 36.

-Descubrimos cousas como

  • O Poeta publicou un libro, Nimbos, pero escribiu outros que dixo que perdera. Nós sabemos que logo apareceron na súa mesa de noite.
  • Mentres estudaba no seminario, dedicoulles un libro aos compañeiros.
  • Alí aprendeu moitas linguas para ser traductor e dedicarse a iso profesionalmente.
  • Na Guerra Civil foi como sanitario facer a mili.
  • O que o inspiraba era a natureza

Na próxima semana, seguiremos a falar da vida do noso Poeta.

Na foto podedes vernos actualizando o blogue. Mirade aquí máis imaxes do día.

0 comentarios