Blogia
PoetaDiazCastro

Benvindos!

O equipo docente do IES Poeta Díaz Castro e o seu alumnado está feliz por compartir convosco esta nova iniciativa de traballo interdisciplinar.

O noso obxectivo é manter unha liña viva e activa de traballo en distintos niveis e diferentes materias sobre o Poeta de Guitiriz que dá nome ao noso Instituto.

Neste espazo iremos colocando os nosos descubrimentos e tamén orixinais dixitalizados que obran no noso poder e saíron das mans de Xosé M Díaz Castro.

Este blogue, que quere contar coa túa participación, será actualizado polos grupos de alumnado participante na actividade.

Esperamos satisfacer a vosa curiosidade e crear un espazo de achegamento á literatura nacida na vila guitiricense.

Grazas pola vosa lectura.

0 comentarios