Blogia
PoetaDiazCastro

OS NOSOS HAIKUS DO POETA DÍAZ CASTRO

OS NOSOS HAIKUS DO POETA DÍAZ CASTRO

O s haikus son pequenas composicións poéticas de orixe xaponés. Son tres versos moi simples, sinxelos, que encerran unha norma clave: deben ter 17 sílabas distribuidas en tres versos (5, 7 e 5). A súa orixe é o haikai chinés, mais longo, aínda que de igual composición estrófica.

Nun principio eran de orixe cómica, mas, cando evolucionou o fixo cara o espiritual, a natureza, a vida cotiá...

A proposta de actividade nas últimas sesións foi a de elaborar haikus con unha peculiaridade, un dos tres versos tiña que ser "copiado" do Poeta Díaz Castro, tomando, como referencia, "Nimbos". Fixemos, primeiro, unha escolma de versos de 5 e 7 sílabas. Logo, cada alumno, partindo desa escolma escollía 4 versos, para facer 4 haikus diferentes, inventando / creando, os dous versos que faltaban. Unha vez feitos, cada alumno escollía un para participar no "Mural dos Haikus", que deu lugar, despois, a un concurso de Haikus.

A resposta do alumnado foi boísima: temos diferentes haikus en galego con palabras do propio Poeta... Trátase dunha reconstrución da súa obra polo noso alumnado.

Na imaxe podedes ver aos alumnos de 1º ESO A  mentres facían os haikus

0 comentarios